A LIGA.DOCUMENTOS SECRETOS 2015-2016


Volven a desclasificarse os secretos documentos de A Liga dos Defensores da Lingua Galega.

Agochados nun escuro e olvidado rincón da súa base, aquí lles desvelamos as identidades ocultas e as historias dos 26 heroes desta organización e as dos seus instructores antes de que se dispoñan a traballar arreo contra O Clan do Descoñecemento defendendo a Lingua Galega.

O documento mostra a chegada do novo instructor Black Lad detrás do que se atopa Fernando Cuadrado Lombardero. Conta como na cidade de Terceiroápolis reuníronse valerosos loitadores chegados dende todas as partes do mundo: Hulk de Brasil, Huellita de Rábade ou Acty desde Moaña. Fai que comprendamos como un dos seus membros acadou os seus superpoderes despois de pisar algo extraño, como outro fai cousas alucinantes coas máns ou como Tiranosaurio Man ven do planeta Funingolo.

Os nosos nenos e nenas non son o que crían ser, agora xa poden estar seguros de que o seu colexio confía nos seus superpoderes aínda que non leven capa nin anteface.

Os Documentos Secretos. A Liga2015-2016 (pinchen aquí)

IMG-20150811-WA0008

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *