O Bestiario de Bana. Ciencias Naturais.


          Un bestiario é un libro de bestias. Na Idade Media, época na que os bestiarios gozaron de maior popularidade, eran o equivalente dunha enciclopedia de historia natural que descubría animais e monstruos aos curiosos.

       Os bestiarios teñen as súas raíces nos clásicos griegos e romanos e codificaban os coñecementos dos antigos sobre animais máxicos, así como todo aquilo do mundo natural que podían observar e comprender.

       Os eruditos medievais ilustraban meticulosamente  e este exemplar como vostedes poderán comprobar, presta especial atención as súas ilustracións.

       Nas seguintes páxinas enxaulamos e sometemos a reflexión os conceptos sobre os animais que a programación de Ciencias Sociais de 3º de Primaria nos propuxo, tratando de aprender dun modo máis auténtico, máis completo, máis divertido e por tanto máis duradero.

       Como dicía Jorge Luis Borges no seu maravilloso “Libro de los seres imaginarios” <Ignoramos el sentido del dragón, como ignoramos el sentido del universo, pero hay algo en su imagen que concuerda con la imaginación de los hombres, y así el dragón surge en distintas latitudes y edades. Es, por así decirlo, un monstruo necesario> Neste libro nós, a promoción 2016/2017 de “El Proyecto de Bana”, adicámonos sobre todo a buscar e cazar os nosos dragóns.

el-bestiario-de-bana1 (pinche aquí para ver el documento en pdf)

portada-bestiariodebana

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *