VERSIONANDO A ROSALÍA


O aniversario do nacemento de Rosalía é unha desas datas innegociables para nós. É un deses momentos de lembrar e contar ben alto que somos galegos e galegas, que temos unha língua cantareira e preciosa, que a nosa terra é un paraíso, que somos pobo de emigrantes que tiveron que marchar, que a saúdade é un rasgo do noso carácter… e que Rosalía segue moi presente entre nós.

Como cada curso puxemos en marcha a actividade do 24 de febreiro na que versionamos o famoso poema “Adiós ríos.Adiós fontes”.

Primeiros limos e comentamos entre todo o grupo o seu escrito para sacar conclusións que nos levasen a elaborar logo por parellas, un “novo” poema que conservase toda a esencia do orixinal.

Cun poema incompleto nalgúns versos ou con algunhas palabras perdidas, cada parella versionou bastante fielmente o espíritu da poetisa padronesa en 12 fermosos novos poemas.

Finalmente elaboramos unha proposta conxunta collendo un pouco de cada unha desas 12 propostas, que nos pdf adxunto lles mostramos.versión17 (acceso al pdf)

“…adiós amigos, non sei cando nos veremos”.

DSC_0125-horz

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *