DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES.


As letras galegas son o 17 de maio, e o 4 de marzo, e 22 de novembro… tódolos días. Cada día é unha estupenda oportunidade de valorar e desfrutar da nosa literatura, da nosa poesía, do noso teatro,da nosa fala.

Este ano conmemoramos a figura de Carlos Casares, un prolífico escritor en lingua galega, un educador, un home comprometido coa nosa terra e coa nosa identidade.

RadioBana achéganos a súa biografía para coñecer algo máis deste defensor da cultura de Galicia, a través dunha nova colaboración coa residencia de maiores Abeiro Gold. A residente Lucía Rodríguez Roca con case 84 anos pon voz a este programa para axudarnos tamén a traballar a comprensión oral coa nosa emisora.  4

Con Lucía, coa presentación de María Carballo, coa música sempre preciosa de Luar na Lubre, cos amigos e amigas de AbeiroGold continuamos aprendendo nesta terra do gran Carlos Casares, terra de orballo, de xente riquiña, de María Pita contra os ingleses, de avoas con panos na cabeza, de letras fermosas.

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *